Na vida só é ridículo o que un non quere recoñecer.

Experiencias.

O mundo da moitas voltas, nunca sabes cando as cousas están a punto de cambiar. Ninguén controla realmente a súa vida, aínda que tampouco existen máns negras detrás das nosas experiencias. É difícil. É complicado transmitir unha mensaxe de esperanza dende a máis grande das tristuras. Pero hai que facelo, hai que adaptarse, hai que sentar precedente coa nosa aventura individual; coas nosas andainas. Hai que colleitar novas terras, hai que buscar sen descanso un motivo polo que vivir, un obxectivo real co que ser máis persoas.

Hai quen diferencia a experiencia social da experiencia persoal; eu creo cegamente en que a experiencia dun pódelle valer aos outros, pode servir coma exemplo, pode mellorar vidas.

Por iso, esta web. Un rapaz que marchou da Galiza con 13 anos tamén pode seguir sendo galego anos despois da súa marcha. Plantexémonos todo de novo, entón.

Grazas pola túa visita. Espérote de novo por estas terras de nadie. 

Silvio Falcón
Contacto: silvio@silviofalcon.com

Aviso: Esta versión da web é beta, virá acompañada de melloras técnicas, de contidos e de participación. ¡Participade!